miércoles, 11 de febrero de 2009

Asociación Amigos do Liño


Creada en 1993, a Asociación Amigos do Liño está desenvolvendo unha importante labor de recuperación da tradición vencellada á manufactura do liño textil, reproducindo no presente antigos traballos, mostra da autosuficiencia da sociedade rural e exemplo da enxeñería industrial empregada polos nosos ancestros.
Esta tradición recuperada ten un valor nos nosos días, tanto na área cultural como na económica. Enriquecemos o noso intelecto dándonos conta da dependencia na que vivimos, e levantámola estima a esos homes e mulleres do campo que tanto sabían. Pero ademáis, o mesmo que pasa con outras artesanías, o liño é tamén un recurso turístico e un producto que se pode vender.
Con todo isto, o que estamos acadando, con moitos atrancos -hai que dicilo-, é visibilizar a artesanía do liño na historia e no presente, e buscamos que todo isto redunde na actividade económica e postos de traballo. A nosa metodoloxía é varida pero simple. Consiste en deixar que o noso traballo se vexa, de distintas maneiras, e celebralo ao final da temporada, como se facía antigamente, coa Comida da Fía. Esta convírtese nun acto social ao que acuden persoalidades da vida galega e da nosa comarca. Xuntamos xempre preto de medio centear de comensais que nos apoian coa súa presenza. Aproveitamos a gran acollida que ten nos medios de comunicación este evento gastronómico, para lembrar un antigo menú composto de migallas de pan con chícharos, patatas con bacallao e papas de arroz. Exhíbimos as nosas tecelás, cantamos, bailamos e mesmo facemos un desfile de moda con prendas modernas feitas con liño.
Como o 2009 é o Ano Internacional das Fibras Naturais, argallamos un programa un programa de actividades máis nutrido do cotián, que agardamos poder levar a bo termo coa axuda de diversas administracións. A FAO é o organismo ao que Naciones Unidas responsabilizou das actividades desta conmemoración.

1 comentario:

  1. hola, como puedo conectar con vosotros....o podeis conectar conmigo en el 608760519

    ResponderEliminar